Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

aqui el tit

Unidades didácticas

Un ano máis a Concellaría de Cultura comeza unha nova temporada de actividades didácticas dirixidas aos rapaces galegos no Auditorio de Galicia.

Aqueles centros educativos que estean interesados nas nosas actividades deberán de ler detidamente o contido da carta e a continuación cumprimentar o(s) formulario(s) que adxuntaremos.

As visitas guiadas ás exposicións e aos concertos para escolares dispoñen de unidades didácticas para traballar na aula, co fin de obter un máximo rendemento da súa visita. Pode descargar os materiais das principais actividades que se desenvolven no Auditorio de Galicia, adaptados aos diferentes niveis educativos.

Profesorado e alumnado poden obter a documentación necesaria para realizar as actividades propostas nas unidades didácticas musicais e achegarse ás pezas artísticas dende o contexto da súa creación, cunha proxección ao tempo actual. O estudo do autor, da obra, da instrumentación ou soporte son fundamentais para un óptimo coñecemento do espectáculo ou mostra que se pretende analizar.

O traballo previo á asistencia ao espectáculo ou exposición esperta o interese dos asistentes e favorece a adquisición de coñecementos, co que se engrandece a valoración do produto cultural ofrecido.

Recursos didácticos

Pode descargar as unidades didácticas musicais e de artes plásticas.

Catálogos

Artes
Unidades didácticas sobre arquitectos, escultores e pintores de actualidade

Unidades didácticas de teatro
Nova programación de obras de teatro didácticas para centros do Concello de Santiago, que se desenvolven no Teatro Principal.

Unidades didácticas musicais
Recursos sobre os concertos didácticos realizados no Auditorio de Galicia

pdf  Plano Sala Mozart  [14,92 KB].  

pdf  Plano Sala Ángel Brage  [1,24 MB].  

pdf  Unidade didáctica: Cristovo e o libro das marabillas  [965,71 KB].  


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005