Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Noticias

Presentación Festival dos Abrazos

Máis de 80 espectáculos para a nova edición do Festival dos Abrazos

A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, vén de presentar a terceira edición do Festival dos Abrazos, un certame internacional que proxecta Santiago de Compostela como escenario da creación e da imaxinación. Así, do 9 ao 29 de agosto, o Festival dos Abrazos transforma algúns dos lugares singulares da cidade, máis de 20, en escenarios de 80 das máis novidosas propostas culturais galegas e internacionais.
Logotipo do Festival dos Abrazos

Publicamos a acta da selección temporal dunha praza de Auxiliar de Produción para o Festival dos Abrazos

Facemos pública a acta do tribunal da selección temporal dunha praza de auxiliar de produción para o Festival dos Abrazos 2010. A reunión do tribunal cualificador tivo lugar o 25 de xuño.
Logotipo do Festival dos Abrazos

Ábrese o prazo de presentación de propostas artísticas para os Abrazos Off

O Festival dos Abrazos que organiza a concellaría de Cultura dirixida pola nacionalista Socorro García Conde, volve aos espazos singulares de Compostela este mes de agosto. Como xa sucedeu o ano pasado terá unha sección, os Abrazos OFF, que abre o festival ás propostas artísticas da cidadanía.
Logotipo dunha anterior edición de Entredanzas

Publicamos a acta da selección temporal dunha praza de Coordinador/a Xeral de Produción

O tribunal da selección temporal para unha praza de Coordinador/a Xeral de Produción de Entredanzas e do Festival dos Abrazos 2010 fixo pública a acta do proceso, que tivo lugar o 18 de xuño.
Logotipo do Festival dos Abrazos

Fanse públicas as listas definitivas de aspirantes a dúas prazas para o Festival dos Abrazos

Xa se publicaron as relacións definitivas das persoas admitidas e excluídas para o acceso ás probas selectivas dunha praza de Coordinador/a xeral de produción e doutra de Auxiliar de produción do Festival dos Abrazos e do programa Entredanzas, persoal laboral temporal, aprobadas polo Consello Reitor do Auditorio de Galicia.

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005