Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Noticias

Logotipo do Festival dos Abrazos

Publicadas as listas provisionais de aspirantes a dúas prazas do Festival dos Abrazos e de Entredanzas

Publícanse as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas para as probas selectivas dunha praza de Coordinador/a xeral de produción e doutra de Auxiliar de produción do Festival dos Abrazos e do programa Entredanzas, persoal laboral temporal, aprobadas polo Consello Reitor do Auditorio de Galicia.
 

O BOP publica unha convocatoria para o subministro de dimmers no Auditorio de Galicia

O BOP deste 3 de xuño publica unha Resolución do Auditorio de Galicia polo que se convoca procedemento aberto para o subministro e instalación de dimmers para a sala Ángel Brage do Auditorio.
Paulo Rodríguez e Socorro García

A programación cultural de xuño chega cunha variada oferta por toda a cidade

A Concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Paulo Rodríguez, presentaron este mércores a programación cultural de xuño en Compostela, un programa que a concelleira definiu como "amplo e variado".
Benjamin Biolay

Cancélase o concerto de Benjamin Biolay

A concellaría de Cultura vese obrigada a cancelar o concerto de Benjamin Biolay ante a imposibilidade de negociar co artista ningún tipo de data para os vindeiros meses.
María Xosé Díaz, Socorro García e Antonio Garrido

A mostra '1980-2010' de María Xosé Díaz vólvese dixital

A exposición '1980-2010' de María Xosé Díaz, que se pode ver actualmente no Auditorio de Galicia, xa conta co seu catálogo dixital. A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, foi a encargada de presentar o soporte, acompañada da artista e mais do comisario da mostra, Antonio Garrido.

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005