Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Noticias

Henrique Acuña, Néstor Rego, Luís Bará, Ánxela Bugallo

Inaugúrase 'Memorial da liberdade'

03/11/2006

O Auditorio acolle dende este venres 3 de novembro a mostra Memorial da liberdade. Represión e resistencia en Galiza 1936-1977, comisariada por Henrique Acuña. A mostra, testemuño da represión fascista e da loita contra a mesma, seguirá no Auditorio até o 31 de xaneiro do ano próximo. Para inaugurala, xunto ao comisario, estiveron o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará.

Cartas de despedida daqueles que ían ser fusilados, fotografías, postais, láminas, portadas de xornal, esceas censuradas de filmes por falaren os protagonistas en galego... É unha mostra dos moitos obxectos que podemos atopar nas exposición Memorial da Liberdade, que estará no Auditorio até finais do próximo xaneiro.

Para inaugurala, Luís Bará, diretcor xeral de Creación e Difusión Cultural, lembrou o enorme esforzo da Xunta, ao longo de todo o ano, por conmemorar coa atención que merece o Ano da Memoria: actos como o da illa de San Simón dan boa conta. "Existe, ademais, unha pretensión de futuro con esta mostra: termos un lugar onde salvagardar a memoria." Pola súa parte, Henrique Acuña rexeitou a denominación de mcomisario, baixo a que afirma non sentirse cómodo: "en tempos de comisariados banais, frívolos, síntome priviliexiado, ao fronte dund programa político colectivo. Esta é unha mostra sobre a resistencia, que capta o momento no que moitos homes, sabedores de que ían ser fusilados inminentemente, escriben as súas cartas de despedida." Adiantounos parte do impresionante contido da mostra: a estadía de persoeiros como Camilo Díaz Baliño ou Mario Granell no cárcere, as contundentes estampas de Castelao, os carteis de Luís Seoane no exilio ("o que non se executara en Galiza seguía vivo no exilio"), os tempos libre da República e o sufraxio. O comisario da exposición saudou tamén "aos amigos e familias que o viviro e nos abriron as súas casas. Aos que, como motín de guerra, quedaron cunha serie de obxectos." Salientou tamén a vontade política por rexistrar a memoria da represión e da resistencia.

Pola súa banda, Néstor Rego afirmou sentirse moi honrado pola escolla da cidade de Compostela, e, máis concretamente, do Auditorio, onde lembrou que hia un ano foi inaugurada a exposición sobre Ánxel Casal, para esta nova mostra. Lembrou tamén as palabras que precisamente pronunciou Castelao sobre Casal, definíndoo como "o home que fixo máis por Galiza que todos nós." A exposición é testemuño de "toda a dor e resistencia que ofreceron esas persoas cun único obxectivo: a liberdade." O concelleiro felicitou á Consellaría polo seu papel "decisivo, valente, de convicción. Era moi necesario saldar unha débeda con aqueles que construíron o país."

Por último, a conselleira Ánxela Bugallo pronunciou un emotivo discurso, no que aclarou "facémolo porque hai que facelo, porque é unha obriga deste goberno." Lemrbou ás entidades, asociacións, e persoas que, a título individual, traballaban sen cobertura de ningún tipo por parte das institucións. "Esta mostra ten tres obxectivos fundamentais: e primeiro lugar, a investigación, o coñecemento da verdade; despois, a homenaxe, termos estes obxectos para que nos conten a historia desas persoas; e por último, dufusióbn. facermos que a verdade saia fóra. Foron abondo 70 anos de silencio." Agradeceu fondamente aos fillos e netos dos represaliados "que abriran a súa casa e fixeran o enorme esforzo de ceder eses tesouros." Reamatou salientando que este é un acto de xustiza, e retomando a Castelaeo, pensando en todas as familias que padeceron a represión: eles fixeron máis por Galiza que todos nós."

Documentos relacionados :


Volver

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005