Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Noticias

Auditorio de Galicia

Roteiro de Creación Contemporánea. Xornadas de portas abertas de estudos de artistas contemporáneas/os en Compostela

23/03/2007

A Concellaría de Cultura, en colaboración coa Fundación Granell, Centros Socioculturais, Turismo de Santiago e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte, está organizando unhas xornadas de portas abertas de estudios de artiistas contemporáneas/os en Compostela. 'Roteiro de Creación Contemporánea', terá lugar os días 12, 13, 19 e 20 de maio de 2007.

Nestes datas as persoas que participen no proxecto amosarán a súa obra no seu lugar de creación, de maneira que o público poderá coñecer o seu espazo de traballo e achegarse ao proceso de creación no seu contexto físico, facendo realidade o intercambio entre creador/a e espectador/a.

Un mapa da cidade de Santiago de Compostela será a guía do Roteiro onde estarán sinalizados os estudios dispostos para as visitas co seu nome e técnica de traballo. O mapa tamén destacará as asociacións e os lugares de exposición dos distintos barrios e o programa de actividades. Pódese obter máis información no enderezo electrónico roteirosantiago@gmail.com, e consultar a carta e o boletín de inscrición que van anexos.

Documentos relacionados :


Volver

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005