|
Compostelarte, a cidade expresada nas artes plásticas
10/05/2007
Sete artistas nados ou residentes en Compostela foron seleccionados pola comisaria desta mostra, Antía Otero, e convidados pola Concellaría de Cultura a exporen as súas obras no Auditorio: Raquel Blanco, Xurxo Martiño, Romero Masiá, Morquecho, Soledad Pite, Vicente Prego e Xosé Vivián expoñen a súa obra na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio dendea inauguración, este mércores 9 ás 20:30.
Nela estiveron presentes a comisaria e os artistas, o director xerente do Auditorio, Pablo Rodríguez, e os concelleiros de Cultura e Educación e Mocidade, Néstor Rego e Elvira Cienfuegos. Esta mostra reúne o mellor de varios artistas que senten e viven Compostela. "Ten un carácter íntimo, que non intimista", explicou Antía Otero. A mostra contaba cunha proxección audiovisual, que nos permite a entrada ao espazo privado do artista, "converténdonos en voyeurs". A comisaria agradeceu o apoio da COncellaría e do Auditorio, en particular ao director, Pablo Rodríguez, e á responsábel de exposicións e actividades culturais, Chus Busto, "pola súa dedicación e sensibilidade".
Pola súa banda, Néstor Rego aludiu ao poema de Antía Otero que dá a benvida ao público ("Tragar a cidade / boca adentro..."), para salientar o interese da mostra, en que "se fusionan arte e cidade". Subliñou que grazas á mostra "poderemos coñecer moito mellor a obra e a liña de traballo" dos artistas composteláns. Para facérmonos unha idea, aquí podemos descargar algunhas imaxes da inauguración:
- Poema intodutorio de Antía Otero
- Antía Otero durante a presentación
- Abrían a mostra os cadros de Xosé Vivian, técnica mixta sobre táboa
- Outra mostar de técnica mixata sobre táboa, da factura de Vicente Prego
-
- A simplicidade cromática e formal de Raquel Blanco
- Detalle dun papel con caracteres cirílicos nunha das colaxes de Raquel Blanco
- Onda un dos lenzos de Romero Masiá, unha frase de Antoine de Saint Exupèry
- Unha imaxe da estación de tren de Xurxo Martiño
- O tren chegando a Compostela, retratado coa peculiar técnica de Xurxo Martiño
- Panorámica de Compostela de Xurxo Martiño, feita coa superposición de transparencias de catro cores
- Soledad Pite retrata Bonaval, e cita a Rosalía: "onde canto eu quixen descansa"
- Mesmo o propio Auditorio é obxecto doutro dos cadros de Pite
|