Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Noticias

Logo Auditorio

Pronto estarán á venda os abonos para a tempada 2007 - 2008

10/09/2007

O Auditorio de Galicia abre o prazo para a venda e renovación de abonos para a Temporada 2007 - 2008. Un total de 27 concertos integran a programación deste ano. Unha das novidades é que haberá un novo abono para estudantado e persoas xubiladas, co 50 % de desconto.

A renovación de abonos para a temporada 2007 - 2008 poderá realizarse do luns 17 ao venres 21 de setembro no despacho de billetes do Auditorio de Galicia situado na Avenida Burgo das Nacións, s/n, de 11:00 a 14:00. Neses días, en idéntico horario, tamén se poden renovar por teléfono nos números 981 571 026 e 981 573 979, mediante pago por tarxeta.

A venda de novos abonos será do luns 24 ao mércores 26 de setembro de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00. Tamén se poden adquirir no teléfono 902 434 443 e en www.caixagalicia.es mediante pago con tarxeta de 8:00 a 22:00.

As modalidades de abono son as que seguen:

  • Abono A, de outubro a xuño de 2008. Inclúe 27 concertos, cun prezo de 290 euros e un desconto do 25 % (217,50 €).
  • Abono B, de outubro a decembro de 2007. Inclúe 8 concertos, cun prezo de 84 euros e un desconto do 15 % (71,40 €).
  • Abono C, de xaneiro a marzo de 2008. Inclúe 11 concertos, cun prezo de 122 euros e un desconto do 15 % (103,70 €).
  • Abono D, de abril a xuño de 2008. Inclúe 8 concertos, cun prezo de 84 euros e un desconto do 15 % (71,40 €).

Por primeira vez haberá un abono especial para persoas xubiladas e estudantes cun 50% de desconto sobre o prezo de cada unha das modalidades de abono, de xeito que o abono A custará 145 €, o B e máis o D 42 €, e o C, 61 €.

Ás persoas abonadas entregaránselle as localidades de cada concerto, co número de fila e butaca que será o mesmo durante todo o abono. Poden obter máis información aquí.

Os mellores solistas, esta tempada no Auditorio
A programación do Auditorio inclúe os concertos da Real Filharmonía de Galicia co seu director titular Ros Marbà e directores invitados como Paul Daniel, Maximino Zumalave, Christopher Wilkins, Pablo González, Antoni Wit, András Ligeti, Frans Brüggen; solistas tan destacados como os pianistas Leif Ove Andsnes, Eldar Nebolsin e Joaquin Achúcarro; os violoncellistas Natalia Gutman e Steven Isserlis; as voces de Mathias Goerne ou Ewa Podles; a guitarra de Ernesto Bitetti. Os coros Nacional de España, Accentus e o de Cambra do Palau de la Música, e as orquestras Sinfónica de Galicia, Wiener Akadenie e Cámara de Noruega.


Volver

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005