Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Noticias

VI Premio Auditorio de Novos Artistas

Holga Méndez gaña o VI premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

02/12/2009

O xurado do VI premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2009 acordou por unanimidade outorgarlle o primeiro premio dotado con 6.500 euros a Holga Méndez pola obra 'Reflexos: réplicas (Diálogos en Unland)'. Os catro accésits, dotados con 1.500 euros, foron para Joan Morera pola obra 'Vigo-Dakar'; Tamara Feijoo Cid por 'Antropofaxia'; Damián Ucieda por 'Home gritando núm. I 'e para o colectivo FUR ALLE FALLE por 'Os Lolos 23F'.

Os nomes dos premiados déronse a coñecer no acto que se celebrou este martes 2 de decembro, e que serviu tamén para inaugurar a exposición, que recolle os 35 traballos seleccionados entre os 158 presentados a concurso. Ao final da exhibición coñecerase o gañador do áccesit de 1.200 euros denominado Premio do Público, elixido mediante a votación dos visitantes da exposición.

A mostra confórmana as 35 obras seleccionadas nesta sexta edición, que pertencen aos seguintes artistas: Mª Covadonga Barreira; Borja Doel; Joan Morera; A Ama de casa; Sara Fuentes; Desperfecta; Nuria Villa; Ignacio García; Fruela Alonso; Holga Méndez; Mónica Cabo; Víctor Hugo Costas; Tamara Feijoo; Josetxu F. Cárcamo; Fran Miguens; Juan Varela; Damián Ucieda; Enrique Lista; Chas; Nicolás Combarro; Jesús Madriñán; Maribel Castro; Christian García Bello; Marcos Blanco; Dolores Fuertes; Mauro Trastoy; Eduardo Valiña; Jacobo Bugarín; Batbirulau; Nuria Ruibal; Olmo Blanco; Raquel Durán; Jorge Migoya; Olmo Cuña e Fur Alle Falle.

A mostra permanecerá aberta ao público do 2 de decembro de 2009 ao 28 de febreiro de 2010, todos os días de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00, agás os días de concerto. En tales xornadas, a mostra pecha ás 19.00 horas.

Nas edicións anteriores obtiveron o primeiro premio Raúl Pereira (no ano 2001), Lorena Gómez (2002), Rubén Ramos Balsa (2003), Pablo Pérez Sanmartín (2005) e Manuel Suárez Eirís (2007), quen tamén resultou elixido co Premio do Público.


Volver

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005