Maximino Zumalave
Director e pianista compostelán, formouse musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart. Foi discípulo de Ángel Brage, Rosa Sabater, Guillermo González, John Elliot Gardiner e Helmuth Rilling. Fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum. Principal director invitado da Orquesta Sinfónica de Galicia (1992-1995) e fundador da Real Filharmormía de Galicia, na que compartiu a dirección con Helmuth Rilling até o ano 2000. Actualmente é principal director invitado da Real Filharmormía de Galicia. Director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. En 1995 foi elixido Académico de Número da Real Academia Galega de Belas Artes. Ademais é membro do Consello Directivo do Auditorio de Galicia, do relatorio de música do Consello da Cultura Galega.
Co mestre Zumalave actuaron solistas como J. Achúcarro, T. Barto, M. Bayo, E. Bitetti, R. Buchbinder, R. Castromil, A. Ciccolini, J. Colom, V. Gens, V. Georghiu, W. Holzmair, as irmás Labèque, N. Lahusen, A. de Larrocha, A. León Ara, Ch. Margiono, A. Nafé, M. Orán, A. Rolfe Jonson, G. Sandor, J. Soriano, I. Vermillion e F. P. Zimmermann. Mantén asimesmo unha activa colaboración con Teresa Berganza en diferentes países de Europa.
Conduciu importantes formacións como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra, Sinfónica de Praga, Orquesta da Ópera Nacional de Sofía, a Nacional de Lille, Sinfónica de Odense, Sinfónica de Porto, The Brabants Orchester de Eindhoven, Orkest van het Oosten de Enschede, English Barocke Soloist ou o Bach Collegium.
No Estado dirixiu a Orquestra Nacional de España, a Sinfónica de Madrid, a Orquesta Ciudad de Barcelona, a Sinfónica de Tenerife, a Sinfónica del Principado de Asturias, a Orquestra de Cámara Reina Sofía, a Bética- Filarmónica de Sevilla, la Orquestra Ciudad de Granada, o Coro de RTVE e o Coro da Fundación Príncipe de Asturias.
Maximino Zumalave dirixiu estreas absolutas de obras de Bernaola, Castillo, García Abril, Groba, Marco, Mestres Quadreny, Villa Rojo… coidando singularmente as primeiras audicións de novos compositores galegos como Alonso, Balboa, Macías, de Paz, Pereiro, Vázquez ou Viaño. Igualmente conduciu os concertos inaugurais en España de obras de Frank Martín ou Shostakovich.
No ámbito da música popular colaborou en concertos con artistas como Björk e co grupo Milladoiro participou na gravación da
suite lacobus Magnus coa English Chamber Orquestra.
Co gallo da elección de Santiago de Compostela como Capital Europea da Cultura 2000, o Mestre Zumalave dirixiu un coro de 90 mozos das nove capitais europeas que nese año compartían o galardón. A súa xira de concertos levouno a Reykjavik Bruxelas, Helsinki, Tallin, Cracovia, Avignon, Boloña, Bergen e Santiago de Compostela.
Na súa faciana como compositor, Maximino Zumalave é autor de pezas para coro sobre textos de Rosalía de Castro e Miguel Hernández; de música incidental para obras para teatro como
Liberdade en Bremen de Fassbinder, e de música religiosa (
Misa en galego para coro de voces íguais e órgano).
O Mestre Zumalave desenvolve unha intensa actividade docente que inclúe concertos didácticos e mais as súas lecciones na cátedra de Teatro Lírico e Sinfonismo dos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.