Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Real Filharmonía de Galicia

A Real Filharmonía de Galicia estreouse en febreiro de 1996 cun concerto dirixido polo mestre Helmuth Rilling. Dende aquela, converteuse no protagonista de novos ciclos musicais dentro da programación do Auditorio de Galicia. Ademais do mestre Rilling e do seu segundo director, o compostelán Maximino Zumalave, foron directores invitados García Navarro, Odón Alonso, Enrique García Asensio, Edmon Colomer, Pedro Alcalde, e outros como Sir Neville Marriner, David Shallon, Jeffrey Kahane, Gilbert Varga, Leopold Hager, Kryzstof Penderecki, Christoph Poppen, Jan Latham-Koenig, Antonio Florio e Sir Peter Maxwell Davies.

Como solistas, actuaron coa RFG, entre outros, os violinistas Frank Peter Zimmermann e Ulrike-Anima Mahté, o violonchelista M. Rostropovich, a mezzosoprano Teresa Berganza, os pianistas Alicia de Larrocha, Tzimon Barto, Nikolaus Lahusen, Jeffrey Kahane, Rudolf Buchbinder, Robert Levin, Joaquín Achúcarro, Katia e Marielle Labèque, Evgeni Koroliov e György Sebök e o frautista Jean-Claude Gérard.

Tras as súas actuacións, en 1996, no Auditorio Nacional en Madrid e, en 1997, na Coruña, Valencia e León, a Real Filharmonía de Galicia realizará concertos en xaneiro de 1998 en Alemaña e Austria, durante a súa primeira xira internacional baixo a dirección de H. Rilling, sendo acompañada polo coro Gächinger Kantorei de Stuttgart. As Estacións de J. Haydn e O Mesías de Haendel, na versión de W. A. Mozart, foron interpretados ante máis de 7.000 espectadores. No peche da xira, a Real Filharmonía de Galicia convertíase na primeira orquestra española en actuar no Grosses Festspielhaus de Salzburgo durante a sonada Semana Mozart.

En marzo de 1998, a a Real Filharmonía de Galicia comezou a gravar con Rilling as sinfonías completas de Franz Schubert para a prestixiosa compañía discográfica Hänssler Classic. Este proxecto culminou coa saída ó mercado dos dous primeiros CD coas Sinfonías nº 1, 2, 3 e 4. En xullo do mesmo ano, baixo a dirección de Zumalave, a orquestra actuou no marco da Expo-98 de Lisboa, e en agosto inaugurou, co Mesías de Haendel, a primeira edición do Compostela Millenium Festival, concerto ofrecido na Catedral de Santiago ante máis de 2.000 persoas.

A comezos de 1999 realizou a súa segunda xira internacional, na que interpretou o Elías de Mendelssohn no Auditorio Nacional de Madrid, como parte do ciclo Orquestas del Mundo de Ibermúsica, e no Festival Europeo da Música de Stuttgart. O altísimo nivel da orquestra, coro e solistas converteu a interpretación do oratorio do compositor alemán nun inesquecible e altamente louvado concerto.

A Real Filharmonía de Galicia foi ademais unha das orquestras invitadas do XXIV Festival Internacional de Música de Segovia, do Festival Internacional de Música de Galicia e na II Edición do Compostela Millenium tocou so a batuta de Sir Neville Marriner .

A orquesta, xa baixo a dirección de Antoni Ros Marbà ofreceu ademais concertos por diferentes cidades españolas como Sabadell, Bilbao, Madrid, Barcelona,salientando na temporada 2001-2002 os das óperas Fidelio de Beethoven y Così fan tutte de Mozart representáronse con grande éxito en Santiago, Vigo, Barcelona e A Coruña. A RFG tamén foi invitada ao Concurso Internacional de Piano "Paloma O’Shea" de Santader.

A RFG segue enriquecendo o seu amplo repertorio, que vai de Bach á actualidade con especial enfase sobre autores doclasicismo vienés e recuperando asumiendo asemade a obra de compositores galegos como R. Groba, X. de Paz, P. Pereiro, O. Rodríguez, X. Viaño, M. Balboa, A. Gaos, J. Durán, J.J. Castro.

Ademais a Real Filharmonía de Galicia ten un protagonismo central nos "Concertos Didácticos para Xoves" que ofrece o Auditorio a colexios e institutos galegos. A orquestra interven, cada agosto, no ciclo de música española co que o Auditorio de Galicia se suma á celebración de Música en Compostela, o curso internacional de música máis antigo de España.

O traballo e obxectivos da Real Filharmonía de Galicia vense reforzados coa Escola de Altos Estudios Musicais, proxecto pedagóxico de formación de músicos de alto nivel xestionado polo Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).

Unha encuesta realizada en 2005 entre directores de orquestra, solistas, críticos e músicos elixiu a Real Filharmonía de Galicia como a cuarta mellor orquestra do Estado español, unicamente por detrás da Orquesta de Tenerife, a Sinfónica da Coruña e a de Granada.

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005