Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

VI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2009

Xa está aberto o prazo de presentación de obras ao VI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2009. Ao premio poden concorrer artistas que presenten obras en soporte e técnica libres para amosar diversas tendencias do panorama da arte galega máis nova que van dende a pintura de referencias figurativas ata videocreacións, pasando por instalacións, escultura, fotografía ou pintura con técnicas diversas.

As medidas das obras non poderán exceder os 200 cm por ningún dos seus lados. As esculturas non poderán superar os 100 kg. No caso das instalacións, estas non poderán exceder das que estarían inscritas nun prisma imaxinario de 250 x 250 cm de base e 150 cm de altura. Nesta edición contémplase a posibilidade de enviar obras en formato audiovisual.

O primeiro premio está dotado con 6.500 euros, haberá tamén catro accesits dotados con 1.500 euros cada un e establecerase un premio do público, resultado da votación dos asistentes á mostra, dotado con 1.200 euros.

Bases do concurso


PARTICIPANTES
1
. Poderán participar artistas, indivisual ou colectivamente, que naceran ou residan en Galiza, menores de 40 anos a 31 de decembro de 2009.

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN
2
. Cada artista poderá participar cunha soa obra (única ou como serie) realizada en calquera tipo de técnica ou soporte (pintura, escultura, fotografía, instalación…) As obras deben ser inéditas.

3. As medidas das obras para pintura e fotografía non poderán exceder de 200 x 200 cm.
As dimensións das esculturas non deberán exceder as dun cubo imaxinario de 150 cm de lado e os 100 kg de peso.
No caso das instalacións, non poderán exceder de 250 x 250 cm de base.
No caso de instalacións ou obras de formato audiovisual, deberán incluírse as indicacións técnicas sobre a forma correcta de exhibirse.
En caso de que se trate dun vídeo, debe enviar a obra orixinal acompañando a documentación.
Na primeira fase do concurso o xurado seleccionará as obras sobre a documentación que presente a/o artista. Nesta fase non se achegarán obras orixinais. Só se debe enviar a obra orixinal, acompañando a documentación, en caso de que se trate de vídeos.

4. As/os artistas deben enviar a seguinte documentación:

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005