Histórico

Estase mostrando a programación do auditorio anterior ó día de hoxe
Programa de abono
A Real Filharmonía pecha o curso cunha homenaxe á zarzuela
Venres 4 de xuño de 2010
21:00 |
Como clausura da temporada de abono, a Real Filharmonía de Galicia ofrece un concerto dedicado á zarzuela, coa interpretación de La Gran Vía, de Chueca, e Bohemios, de Vives i Roig.
Prezo: 14 €. Desconto do 50% para persoas xubiladas e estudantes.
A Real Filharmonía coa soprano Marisa Martins
Xoves 27 de maio de 2010
21:00 |
A mezzosoprano Marisa Martins acompaña á Real Filharmonía nun concerto no que, ademais de obras de Debussy e Ravel, soará unha orquestración de Ros Marbà para a obra de Mompou Cinco melodías sobre textos de Paul Valéry.
Prezo: 10 €, cun desconto do 40% para maiores de 65 anos e titulares do carné xove ou de estudante. A billeteira ábrese dúas horas antes do comezo do espectáculo.
Javier Perianes coa RFG dirixida por Michal Nesterowicz
Mércores 12 de maio de 2010
21:00 |
Javier Perianes é un pianista novo pero cun importante recoñecemento internacional. Neste concerto coa Real Filharmonía de Galicia interpretará pezas de Urrutia, Rautavaara e Chopin baixo a dirección do polaco Michal Nesterowicz, de só 36 anos.
Prezo: 10 €, cun desconto do 40% para maiores de 65 anos e titulares do carné xove ou de estudante. A billeteira ábrese dúas horas antes do comezo do espectáculo.
Suspendido o concerto de Benjamin Biolay no ciclo Sons da Diversidade
Domingo 9 de maio de 2010
21:00 |
Por mor da nube de cinza volcánica que está sobre Galiza, é totalmente imposible que Benjamin Biolay, que se atopa en París, chegue á nosa cidade. Polo tanto, vémonos obrigados a suspender o concerto que o artista ía dar esta noite ás 21.00h
Prezo: 20 euros, con descontos do 50% para menores de 25 anos e persoas xubiladas. Entradas á venda no 902 434 443 e na billeteira electrónica de Caixa Galicia. A véspera e o mesmo día do concerto pódense mercar no despacho de billetes do Auditorio, de 12 a 14 e de 17 a 20 horas, ata as 20.30 horas o día do concerto.
Inicio