Histórico

Estase mostrando a programación do auditorio anterior ó día de hoxe
Teatro para a familia
Os Bolechas de Caramuxo Teatro
Domingo 31 de xaneiro de 2010
12:30 |
Caramuxo teatro presenta dentro do programa Letras Vivas o grande éxito editorial galego d'Os Bolechas.
'Camiño de aventuras' cos títeres Cachirulo
Domingo 24 de xaneiro de 2010
12:30 |
Dentro do ciclo escena en familia, Arteria Noroeste acolle a representación de Títeres Cachirulo sobre unha historia que comezou hai cincocentos anos. Gaiferos parte en misión segreda para chegar a un acordo co príncipe árabe e acabar coa guerra entre os seus pobos. Nun lugar do Camiño, Gaiferos atopou a Lucifer, que tentou detelo desafiándoo ao 'Xogo da oca'.
Canción de Nadal con monicreques
Xoves 31 de decembro de 2009
17:00 |
Títeres Cachirulo presenta a súa produción de monicreques de mesa baseada no famoso conto de Charles Dickens, ‘A Christmas Carol’, un espectáculo dirixido a nenos a partir de 4 anos.
Prezo: 5 euros (a través de Caixa Galicia ou 1 hora antes do espectáculo no despacho de billetes de ARTeria Noroeste).
'El Sable y la Paloma' na Mostra de Teatro Infantil
Mércores 30 de decembro de 2009
19:00 |
A compañía A Priori Producciones de Guadalaxara presenta unha obra sobre un soldado e unha fada que comparten as horas previas a unha batalla. O espectáculo estreouse co gallo do 50º aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
Prezo: 6 euros (Pódese adquirir o bono de 30 euros para 6 localidades ou as entradas anticipadas a través de Caixa Galicia, no teléfono 902 43 44 43 902 43 44 43 ou en www.caixagalicia.es)
Inicio