Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

aqui el tit

Axenda Cultura


Ademais da programación propia do Auditorio, as súas salas e galerías acollen todo tipo de eventos organizados por outros axentes sociais.
  • II Campus Musical 2010 da Federación Galega de Bandas de Música Populares
    Luns 30 de agosto de 2010 - Domingo 5 de setembro de 2010
    O II Campus Musical 2010 da Federación Galega de Bandas de Música Populares terá lugar do 30 de agosto ao 5 de setembro no Auditorio de Galicia e no Colexio Vite I en Santiago de Compostela.
    Prezo: 50 € para músicos federados activos (25 € para oíntes) e 100 € para músicos non federados activos (60 € oíntes).
  • Ópera: "Parsifal", dirixida por Vasily Petrenko
    Martes 24 de agosto de 2010
    19:00 | "Parsifal", a derradeira obra mestra de Richard Wagner, un drama existencialista sobre a condición humana que nos últimos anos ten regresado con renovado interese aos principais escenarios operísticos (só no 2004 representouse en Viena, Bayreuth, Londres, Hamburgo e Amsterdam), non se escoitara nunca antes en Galicia.
    Prezo: Entradas esgotadas
  • Concerto da Real Filharmonía de Galicia
    Domingo 8 de agosto de 2010
    20:00 | Concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave, durante o LIII Curso Universitario Internacional de Música Española, que se celebra na cidade do 1 ao 14 de agosto.

  • O sinfonismo eslavo no Via Stellae
    Xoves 22 de xullo de 2010
    20:30 | A Mahler Chamber Orchestra, dirixida por Tugan Sokhiev, que debuta en Galiza, e coa violinista Viktoria Mullova, interpretan un repertorio de sinfonías eslavas de Borodin, Prokofiev e Dvorák. O concerto está integrado na programación do Festival Via Stellae.
    Prezo: 10 €. Menores de 25 anos e maiores de 65: 5 €. Abono do Auditorio de Galicia (3 concertos): 22,50 €. Abono completo (11 concertos): 58,50 €
  • Estrea d'O Apóstolo'
    Sábado 17 de xullo de 2010
    21:00 | Estréase o primeiro filme de animación 'stop-motion' feito en Galiza, O Apóstolo, dirixido por Fernando Cortizo. A Real Filharmonía de Galicia e o Orfeón Terra a Nosa interpretarán ao vivo a banda sonora, composta por Arturo Vaquero, Xavier Font e Philip Glass, e baixo a batuta de David Hernando, director da Bratislava Symphony Orchestra.
    Prezo: Por convite.
  • 'Berlioz e o mito' no Via Stellae
    Mércores 14 de xullo de 2010
    20:30 | Les Musiciens du Louvre - Grenoble ofrecen un concerto no Auditorio de Galicia enmarcado na programación do Festival Via Stellae 2010. A súa homenaxe a Berlioz, con pezas do compositor francés, leva por título Berlioz e o mito.
    Prezo: 10 €. Menores de 25 anos e maiores de 65: 5 €. Abono do Auditorio de Galicia (3 concertos): 22,50 €. Abono completo (11 concertos): 58,50 €
  • Ópera-ballet: 'Anacreonte' e 'Pigmalión'
    Luns 12 de xullo de 2010
    20:30 | Dentro da programación do Via Stellae 2010, preséntase a magnífica orquestra e coro francés Les Arts Florissants e o director franco-americano William Christie coa estrea en Galiza (en versión de concerto) de dúas óperas-ballet do compositor francés Jean-Philippe Rameau, Anacreonte e Pigmalión.
    Prezo: 10 €. Menores de 25 anos e maiores de 65: 5 €.
  • Un paseo por Broadway
    Mércores 30 de xuño de 2010
    19:00 | A escola de danza Gail Brevitt representa o musical Un paseo por Broadway, composto por pezas de musicais como Cats, Chicago ou Cabaret, ademais de fragmentos de ballet clásico e de danza irlandesa. Deseguido, actuarán o Coro da Rá e o grupo Aló Django. O acto complétase cunha coreografía de patinaxe artística e coreografías contemporáneas.
    Prezo: 6 €
  • 'Nearly 90-2' de Merce Cunningham Dance Company
    Domingo 27 de xuño de 2010
    20:00 | Con Nearly 90-2, a compañía pretende continuar o esforzo de Merce Cunningham, compartindo e preservando o seu legado, para que o público de hoxe e as xeracións futuras consoliden o traballo deste lendario artista. A que se presenta é a obra póstuma de Cunningham.
    Prezo: 22 euros. Venda anticipada na web de Caixa Galicia
  • Debate "A esquerda ante a crise"
    Xoves 24 de xuño de 2010
    19:00 | Tempos Novos organiza un debate en que distintas persoas vinculadas aos movementos sociais debaterán sobre a actual situación dos movementos de esquerda e as súas estratexias no actual contexto económico e social.
  • Inicio Seguinte


    Concellaría de Cultura.
    Concello de Santiago de Compostela, 2005