3 de xaneiro de 2010 - 4 de xaneiro de 2010
19:00
Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290
Prezo: 20 € (10 € para estudantes e xubilados). Á venda na billeteira electrónica de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es)
6 de xaneiro de 2010 - 7 de xaneiro de 2010
21:00
Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290
Prezo: 20 € (10 € para estudantes e xubilados). Á venda na billeteira electrónica de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es)
9 de xaneiro de 2010 - 10 de xaneiro de 2010
19:00
Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290
Prezo: 20 € (10 € para estudantes e xubilados). Á venda na billeteira electrónica de Caixa Galicia (www.caixagalicia.es)
Johann Le Guillerm
O artista circense Johann Le Guillem ofrece un espectáculo multidisciplinar que mestura circo, danza e outras artes baixo unha carpa especial. Enxeños menánicos, efectos de luz e movementos corporais para recuperar a ilusión polo circo na súa versión máis plástica e espectacular.
É posible construír unha máquina que cabalgue os tronos? Como move o vento cacharros, obxectos, artefactos e vehículos? Existen os homes-tigre? Viron algunha vez un centauro fabricando un dispositivo bizarro? Queren sentir, palpar, introducirse no caos? Desexan razoar coa maxia; poetizar con ciencias, técnicas, mecanismos e fórmulas maxistrais? Enredar coa luz? Rebentar o tempo dos reloxos? Xogar coa desazón de non controlar o espazo físico? Experimentar o movemento da vertixe, caer de desequilibrio, erguerse de harmonía ou ignorar a gravidade dos ósos até volverse plastilina?
A estas preguntas raras unha resposta rarísima, contundente, hipnótica e imprescindible: Secret, o último espectáculo de Johann Le Guillerm. El é o último dos renacentistas solitarios, último dos homes espectáculo, último xenio inclasificable. E por non reducilo, todo é posible: circo (sen pan nin pallasos), expresionismo, disciplina corporal, lucidez aceda, humor, descaro, heterodoxia, imaxinación, impacto visual, fabulación. Imposibles? Esta dúbida só é admisible porque aínda non viron a Johann Le Guillerm.
Johan Le Guillerm, galardoado co Gran Premio Nacional do Circo en 1996, é un equilibrista, manipulador e fabricante de obxectos. O seu virtuosismo no mundo do espectáculo converteuno nun experimentado artista circense que leva toda a súa carreira experimentando co movemento, conxugando co inanimado, quizais dándolle así concepto a unha arte onde todo parece posible.
A peza que presenta na praza da Música en Compostela, no exterior do Auditorio de Galicia, é o resultado dunha viaxe ao redor do mundo e dous anos de investigacións durante a súa residencia artística no Parc da Villete (París).
Lugar: Praza da Música en Compostela (exterior do Auditorio de Galicia)
Duración: 100 min
Creación, dirección e interpretación: Johan Le Guillerm
Composición musical e interpretación en directo: Mathieu Werchowski e Guy Ajaguin
Iluminación:Manuel Majastre
Manipulación de esculturas: Fanny Baxter e Franck Bonnot
Deseño de luces; Hervé Gary
Construción de maquinaria de luz: Silvain Ohl e Maryse Jaffrain
Deseño de vestiario Corinne Baudelot