Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Programación completa
Programación semanal
Tzimon Barto

Tzimon Barto no ciclo de piano Ángel Brage

21 de febreiro de 2010 21:00

Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo: 12 €, cun desconto do 50% para xubilados e estudantes. Entradas anticipadas no 902 43 44 43 ou na billeteira virtual de Caixa Galicia.

Novo concerto do ciclo de piano Ángel Brage. Nesta ocasión, o virtuoso pianista estadounidense Tzimon Barto abordará cinco visións humanas sobre a música a través da obra de cinco compositores de diferentes épocas.

A carreira de Tzimon Barto, recoñecido como un dos máis importantes pianistas estadounidenses da súa xeración, abarca varias décadas con actuacións coas principais orquestras dos Estados Unidos e Europa. Ademais, Tzimon Barto fala cinco idiomas, é lector de grego antigo, latín e hebreo, estuda farsi e mandarín e escribe libros.

No seu concerto en Santiago, abordará cinco visións humanas sobre a música: o humor en Haydn; o nacionalismo e a modernidade en Franz Listz; a tolemia e a bruxería con Johannes Brahms; a natureza en Maurice Ravel; e a última onda con Patricio da Silva.

Sonata en sol maior de Joseph Haydn
Rapsodia húngara número 2, en do sostido menor de Franz Listz
Variacións sobre un tema de Paganini de Johannes Brahms
Miroirs (Espellos) de Maurice Ravel
Tres movementos para piano só de Patricio da Silva

Ligazóns relacionadas:

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005