Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Programación completa
Programación semanal
RFG

Alasdair Neale dirixe a Real Filharmonía

12 de febreiro de 2010 21:00

Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo: 10 euros (5 euros para estudantes e xubilados)

O prestixioso director Alasair Neale dirixe a Real Filharmonía de Galicia nun concerto no que soarán Mozart e Beethoven e no que Dezso Ranki será o pianista solista.

Alasdair Neale é un director de orquestra británico residente en Estados Unidos desde 1983. Foi director da San Francisco Symphony Youth Orchestra durante doce tempadas e é actualmente o principal director convidado da New World Symphony en Miami Beach e do Conservatorio de Música de San Francisco.

Desde 1995 é o director xeral do Sun Valley Summer Symphony en Idaho e da Orquestra Sinfónica do Condado de Marin (California). Dirixiu numerosas orquestras rexionais e internacionais.

Dezso Ranki é un pianista húngaro de 60 anos. A súa traxectoria foi acompañada de varios premios, e tocou con orquestras como a Filharmónica de Berlín, a Filharmónica de Londres ou a Orquestra Nacional de Francia.

Alasdair Neale, director
Dezsö Ranki, piano

W. A. Mozart, Concerto para piano núm. 23 en La maior, KV 488 L. v. Beethoven, Sinfonía núm. 3 en Mi bemol maior, op. 55 "Heroica"

Ligazóns relacionadas:

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005