Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Programación de Abono 2012-2013
Luar na Lubre en concerto

Luar na Lubre en concerto

6 de xuño de 2010 21:00

Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo: 8 euros. Entradas á venda na taquilla virtual de Caixa Galicia

Luar na Lubre, unha das formacións galegas de folk máis importantes e mellor coñecidas dentro e fóra do país, ofrece un concerto no Auditorio de Galicia para repasar os seus 25 anos de carreira.

Luar na Lubre concibe a música como un dos factores culturais máis importantes do pobo galego. O proxecto baséase fundamentalmente nas músicas galegas de raíz, eixo dos seus traballos desde o primeiro disco, O son do ar, en 1988. Anos despois Mike Oldfield incluíu o tema titular dese álbum nun dos seus discos, e a banda iniciou unha xira en directo co músico británico, o que fixo medrar tremendamente a súa popularidade. Viñeron despois grandes éxitos de vendas como Plenilunio e Cabo do Mundo.

Ligazóns relacionadas:

Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005