8 de xullo de 2010 - 12 de decembro de 2010
Auditorio de Galicia
(Sala Isaac Díaz Pardo)
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290
A exposición 'Outumuro Looks', é unha mostra procedente do Museu Textil i d’Indumentaria - Disseny Hub de Barcelona que recolle os últimos 20 anos da traxectoria profesional e artística do fotógrafo ourensán Manuel Outumuro.
Son máis de 200 imaxes capturadas polo que é considerado un dos fotógrafos máis prestixiosos do noso país; pioneiro e referente no campo da fotografía de moda, as súas fotografías son as da fantasía e os sonos, representan unha ficción da realidade que constrúe novos mundos perfectos.
O guión desta retrospectiva desenvólvese en seis espazos diferentes: Secuencias, Retratos, Blanco e negro, Celebrities, Entornos e Poses e Actitudes e conta tamén co audiovisual Beyond the look dirixido por Isabel Coixet e realizado para esta exposición coas imaxes dos filmes preferidos de Manuel Outumuro.
Os comisarios da mostra son Ramón Prat e Silvia Ventosa e a produción de Disseny Hub Barcelona.