Auditorio de Galicia
Compostela Cultura

Programación completa
Programación semanal
Adriana Calcanhotto

A voz de Adriana Calcanhotto en Sons da Diversidade

26 de maio de 2007 21:00

Auditorio de Galicia
Avda. do Burgo das Nacións, s/n. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 981 574 152/ 981 552 290

Prezo: 15 €, 7,50 € persoas xubiladas e estudantado

Adriana Calcanhotto

Continúa Sons da Diversidade con esta cantante de Porto Alegre (Brasil). Adriana Calcanhotto conta historias que conseguen enganchar a calquera persoa que as escoite. Coa súa guitarra e voz, a artista conseguiu converterse nunha das artistas máis recoñecidas internacionalmente de todo o Brasil. Sen lugar a dúbidas, Adriana Calcanhotto foi unha das artistas revelación da música brasileira durante os 90. E sobresaír nun país tan musical como Brasil está ao alcance daqueles talentos que desbordan personalidade.

Adriana é unha cantautora con luz propia, unha excelente creadora de cancións. Filla dun baterista de jazz e bossa nova e unha mestra de educación física, dende pequena escoitou os discos do seu pai: dende Astor Piazolla e Pink Floyd até Miles Davis e João Gilberto. Con só seis anos comezou a recibir clases, ao tempo que acompañaba a seu pai nos ensaios que realizaba no garaxe da súa casa.

O seu contacto coa obra de Maria Bethânia, Caetano Veloso, Luiz Melodía, Elis Regina e a música brasileira en xeral deulle pulo para se lanzar como cantante: preséntase en diversos bares da súa cidade natal e máis tarde trasládase a Río para mostrar a súa proposta. Os favorábeis comentarios de público e crítica achégana á compañía Sony, coa que asinou un contrato de gravación.

En abril de 1990 aparece Enguiço, o seu álbum debut, que presentou cunha xira por todo Brasil e pola que foi a revelación musical do ano. Dous anos despois lanza Senhas, que lle permitiu realizar o seu primeiro show no emblemático teatro Caneção, ademais de completar unha xira nacional de cento setenta datas e recibir un disco de ouro. A partir do 94 grava cinco discos que obtiveron grades éxitos mundiais e que a consolidaron como unha das mellores artistas do Brasil.


Concellaría de Cultura.
Concello de Santiago de Compostela, 2005